RESERVA ACTIVIDADES DIRIXIDAS

CENTRO DEPORTIVO CASTRILLÓN 18 septembre 2023 à 13:32

A PARTIR DE AGORA AS ACTIVIDADES DIRIXIDAS PODERÁN RESERVARSE 24 HORAS ANTES DA ACTIVIDADE.

Isto axudará ás persoas que non poden estar dispoñibles as 7:00 da mañá para reservar, e por outra banda, tamén axudará a aqueles que non teñen a aplicación de reservas (RESASPORTS) no teléfono.

POR AGORA, a limitación das clases será:

Pilates: 2 clases á semana.
Pilates Avanzado: 2 clases á semana.
Ioga: 2 clases á semana.
Baile: 3 clases á semana.

Dende o CENTRO DEPORTIVO CASTRILLÓN, queremos pedir a vosa colaboración. 
Se reservades unha actividade e finalmente non podedes asistir, rogamos previa cancelación para que outros usuarios poidan asistir.

Por outra banda, tódalas actividades dirixidas teñen a súa intensidade:
BAIXA, MEDIA E ALTA.
Por favor, ter isto en conta á hora de reservar unha actividade. 

Grazas pola vosa colaboración! 


Volver a CENTRO DEPORTIVO CASTRILLÓN