CONCERTO IÓGUICO ✨🧘🏼‍♀️🧘🏽‍♂️

CENTRO DEPORTIVO CASTRILLÓN 9 décembre 2025 à 10:47

Como o concerto ióguico tivo tan boa acollida a última vez, imos repetilo o:
MÉRCORES 17 DE DECEMBRO, DE 21:30 - 22:30 H🧘‍♀🎶

Será unha nova ocasión para relaxarse, conectar e deixar que a música nos envolva.
Lembrámosvos que, aínda que é un evento especial, seguimos estando nun ximnasio, polo que para a vosa comodidade é importante vir con roupa confortable (non é necesario vir con roupa de adestramento, pero si algo que vos permita sentar e estar cómodos).
Durante o concerto sentarémonos en colchonetas e, nalgúns casos, en steps, así que evitade tacóns ou roupa ríxida.

🌙 Esperámosvos para compartir outro momento máxico!

*A reserva poderá efectuarse dous días antes.

Volver a CENTRO DEPORTIVO CASTRILLÓN